A era do Mesozoico, tamén chamada Secundaria, comezou hai uns 250 millóns de anos e divídese en tres períodos: Triásico, Xurásico e Cretáceo. Durante o Triásico, a Panxea comezou a fragmentarse e ao final do Cretáceo, hai 66 millóns de anos, xa se podía distinguir 4 océanos diferentes: Pacífico, Atlántico do Norte, Atlántico do Sur e Índico. A característica fundamental do Mesozoico foi a explosión evolutiva dos réptiles, sobretodo dos dinosauros. Estes réptiles dominaron a Terra durante case 200 millóns de anos.
En canto ao clima, o período Triásico foi, en xeral, seco e cun nivel do mar bastante baixo. Éste comezou a subir durante o Xurásico, subida provocada posiblemente pola formación de nova corteza baixo a superficie. No caso do Cretáceo, non se coñece moi ben como foi o seu clima. Créese que os altos niveles de dióxido de carbono na atmosfera provocaron que en toda a Terra houbese practicamente o mesmo clima.