Esta era comezou hai 65 millóns de anos e dura ata a actualidade. Divídese en dous períodos: Terciario e Cuaternario. Durante o Terciario producíronse os últimos movementos dos continentes e a actividade tectónica foi moi intensa. A fauna deste período estaba formada, principalmente, por invertebrados, mamíferos e aves. O Cuaternario comezou hai 1,6 millóns de anos e a súa principal característica foi o descenso da temperatura media da Terra. Isto deu lugar a grandes glaciacións, ata agora catro. Durante o Cuaternario tamén tivo lugar a evolución da especie humana, aínda que ésta se orixinase ao final do Terciario.
No caso do clima podríase dicir que o Cenozoico foi unha era de enfriamento a largo plazo. Xa ao principio do Cenozoico, houbo un bloqueo da radiación solar. O único momento onde se produciu un lixeiro quentamento foi no Mioceno, a causa da liberación de hidratos que desprenderon dióxido de carbono.